Rutas marítimas
Tanto dende o Porto de Sanxenxo como dende o Porto de Portonovo parten ferris cara ás Illas Cíes e Ons, que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Unha alternativa ideal para pasar o día e descubrir paisaxes naturais de incomparable beleza.
Son varias as empresas que realizan as viaxes, aínda que é necesario obter un permiso previo para poder visitar as illas. A xestión deste permiso, así como consultar información máis detallada sobre cada un dos arquipélagos do Parque, pódese facer dende a web Illas Atlánticas de Galicia.
Ademais, hai viaxes organizadas en ferry pola ría. Para visitar o cultivo de mexillón nas bateas, con degustación a bordo.
Por outra banda, son numerosas as empresas chárter que teñen aluguer de barcos con ou sen patrón.
Tamén che pode interesar
¿De cuánta utilidad te ha parecido este contenido?
Promedio de puntuación 0 / 5. 0


