Montalvo-Senda costeira Maior
Carreiro de 6,45 km de lonxitude total. O extremo máis oriental parte da mesma praia de Montalvo, na súa marxe dereita, a máis grande do municipio. O extremo occidental levaranos ata o miradoiro que se atopa entre as praias de Major e Pragueira cunha perspectiva impresionante e unha panorámica única a mar aberto e ao parapeto natural das illas de Ons e Onza ou Onceta, que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Este carreiro transcorre en certos tramos a unha mínima altitude de 5-9 metros, para alcanzar noutros ata 53 metros, o que nos outorgará unhas vistas incribles e únicas.
Parroquia: Adina, Noalla
Dificultade: Media
Lonxitude: 6.450 m
Duración: 2h
Tipo de roteiro: Lineal
Inicio: Acceso dos cámpings da praia de Montalvo
Final: Acceso dos cámpings da praia de Montalvo
Puntos de interese:
Praia e sistema dunar de Montalvo
Punta de Montalvo
Praia de Bascuas
Praia de Pragueira
Miradoiro de Major
Praia de Major
Tamén che pode interesar
Canto de útil che pareceu este contido?
Puntuación media 0 / 5. 0


