Este miradoiro ofrece unha vista da Ría de Pontevedra. Á dereita vemos o Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo, que reúne todas as condicións para ser considerado un dos mellores portos deportivos da península. Máis ao fondo pódese ver o Parque de Punta Vicaño, situado entre a praia de Silgar (Sanxenxo) e a praia de Baltar (Portonovo), unha zona arbolada con parque infantil e ao final un miradoiro con magníficas vistas á ría. Detrás do parque de Punta Vicaño está o porto pesqueiro de Portonovo, un porto cunha importante tradición pesqueira.
Bancos e panel informativo
Aparcadoiro preto, fácil acceso pero sen sinais.
Canto de útil che pareceu este contido?
Puntuación media 0 / 5. 0
Oficina de Información
Sanxenxo Turístico
986 72 02 85
Oficina de Información
Turista de Portonovo
986 69 20 98
Concello
de Sanxenxo
986 72 00 75