Aviso Legal

Este sitio web foi creado para facilitar aos usuarios o acceso á información referente ao municipio do Grove e aos servizos municipais.
O feito de acceder a este sitio web implica o coñecemento e aceptación dos seguintes termos e condicións:

Termos e Condicións

Os contidos e servizos incluídos e ofrecidos neste sitio web non están dirixidos a aquelas persoas residentes en xurisdicións
onde non se atopen autorizados. Unicamente están comprendidas neste sitio web aquelas páxinas que figuren dentro do mapa do sitio web.

O usuario accede voluntariamente a este sitio web. O acceso e navegación implican aceptar e coñecer os avisos legais,
condicións e termos de uso aquí contidos. O mero acceso non implica o establecemento de ningunha relación comercial
entre o Concello do Grove e o usuario.

O Aviso Legal e/ou as Condicións dos servizos prestados a través deste sitio web poderán modificarse cando o Concello do Grove
o considere oportuno ou para adaptarse a cambios lexislativos e tecnolóxicos futuros. Estas modificacións serán notificadas
convenientemente e serán válidas desde a súa publicación no sitio web, salvo indicación en contrario.

Calidade da Información

Os datos e outros materiais que aparecen neste servidor foron introducidos seguindo estritos procedementos de control de calidade.
Non obstante, o Concello do Grove non se responsabiliza do contido deste servidor nin das consecuencias que poidan derivarse
de erros nos contidos proporcionados por terceiros.

En particular, o Concello do Grove non se compromete á súa actualización inmediata. Os datos aquí contidos non deben considerarse oficiais.
Só se consideran datos oficiais aqueles que figuran en publicacións impresas dos organismos competentes.

A web www.turismogrove.com pode incluír ligazóns, directas ou indirectas,
a recursos ou sitios web externos. Estas ligazóns teñen unha finalidade informativa e non constitúen en ningún caso unha invitación
a contratar produtos ou servizos ofrecidos na web de destino.

Se o Concello do Grove ten coñecemento de que unha ligazón remite a información ilícita, constitutiva de delito ou lesiva para dereitos de terceiros,
actuará con dilixencia para suprimila ou inutilizala coa maior brevidade posible.

Limitación de Responsabilidade

O Concello do Grove non garante a ausencia de virus ou outros elementos que poidan causar danos nos sistemas informáticos,
documentos electrónicos ou ficheiros do usuario deste sitio web ou de sitios web de terceiros, polo que non se responsabiliza
dos prexuízos que estas causas poidan producir.

Tampouco se responsabiliza do mal uso deste sitio web nin do contido de sitios web externos enlazados, nin de danos ou perdas derivados do seu uso.

Non se garante a dispoñibilidade nin o correcto funcionamento das ligazóns a outros sitios web desde
www.turismogrove.com.

O presente Aviso Legal é aplicable unicamente á información recollida e aos servizos prestados a través da web
www.turismogrove.com.

Propiedade Intelectual e Industrial

Este sitio web e os seus contidos están protexidos pola lexislación vixente en materia de propiedade intelectual.
Prohíbese a súa modificación, copia, reprodución, descarga, transmisión, distribución ou transformación sen autorización do titular
ou salvo disposición legal que o permita.

O acceso ao sitio non implica, en ningún caso, a adquisición por parte dos usuarios de dereito de propiedade algún sobre os contidos.
Algúns contidos poden descargarse para uso privado e sen fins comerciais.

As referencias a marcas comerciais, marcas rexistradas ou signos distintivos, sexan titularidade do Concello do Grove ou de terceiros,
implican a prohibición do seu uso sen o consentimento dos lexítimos titulares.

En ningún momento o acceso ou uso do portal e/ou dos seus contidos confire ao usuario dereito algún sobre as marcas, logos
e/ou signos distintivos incluídos nel e protexidos por lei.

Navegación e Seguridade

O Concello do Grove realiza os máximos esforzos para garantir que a navegación neste sitio web se realice nas mellores condicións.
Non obstante, non garante nin se responsabiliza de que o acceso sexa ininterrompido ou libre de erros.
O Concello do Grove non será responsable dos prexuízos que poidan xurdir polo acceso ou uso deste sitio web.

Política de Privacidade e Protección de Datos

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD),
infórmase de que os datos persoais facilitados pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado do que é responsable
o Concello do Grove, coa finalidade de atender consultas, informar e transmitir información sobre os seus servizos.
Co envío dos seus datos, presta o seu consentimento expreso para o tratamento automatizado.

Os seus datos persoais serán tratados coa máxima confidencialidade. O Concello do Grove adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias
para garantir a confidencialidade e seguridade dos datos, evitando a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

O Concello do Grove arquivará os datos facilitados polos usuarios para realizar consultas ou solicitudes,
algúns dos cales son necesarios para atender axeitadamente as mesmas. O usuario será informado da necesidade de facilitar tales datos.
O enderezo de correo electrónico empregarase para responder consultas e para enviar información sobre servizos do Concello do Grove,
así como sobre outros cambios relevantes.

A nosa páxina non emprega cookies nin outros medios técnicos que permitan identificar usuarios concretos sen o seu coñecemento.
Non obstante, calquera cambio nesta Política de Privacidade será comunicado de inmediato a través deste sitio web.

Os usuarios teñen recoñecidos os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos persoais.
Estes dereitos poderán exercerse mediante solicitude escrita e asinada enviada a:

Concello do Grove

Praza de Corgo, 1

36980 O Grove

Pontevedra

A solicitude deberá conter o nome e apelidos do usuario, copia do DNI, e o contido da petición que desexe realizar.

Lexislación aplicable e Tribunais competentes

Os termos e condicións que rexen este sitio web, así como as relacións derivadas do seu uso, están suxeitas á lexislación española.

Para a resolución de calquera controversia, litixio ou discrepancia entre o usuario e o Concello do Grove
polo uso deste sitio web, acórdase o sometemento aos Xulgados e Tribunais de Pontevedra, España.

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Ir o contido