Ruta de persoeiros ilustres
Salnés » Ruta de persoeiros ilustres

O Grove ten na súa historia personaxes salientables en diversos ámbitos ou disciplinas. Moitos deles foron recoñecidos e os seus nomes dan títulos a rúas e edificios. Non obstante, parece que o paso do tempo foi diluíndo a memoria destas personalidades e, por iso, creouse un percorrido con información sobre as achegas destes ilustres personaxes á historia local. A ruta parte da illa da Toxa e discorre pola zona central do Grove para rematar na zona do Sineiro.

Os nosos ilustres pobos do século XX:

Miguel Gil Casares: médico do Gran Hotel da Toxa a principios do século XX.
José Riestra López: promotor da actividade turística na illa da Toxa.
Jesús Guridi: músico, compuxo parte da zarzuela “La Meiga” do Grove
Ernesto Goday: pintor de fama internacional, fillo predilecto do Grove.
Manuel Lueiro Rey: destacado escritor galego, fillo adoptivo do Grove.
Xacobe Barral: último alcalde da República no Grove.
Jaime Solá: xornalista e escritor, autor da obra “Anduriña”.
Juan Caneda Aguín, “O Chapelo”: veciño do Grove, taberneiro e benefactor.
Irmáns Otero Goday: familia de gran importancia para O Grove.
Luis Antonio Mestre: escritor e filántropo.
José Botana: empresario, iniciador da artesanía dos colares de cunchas.
Juan Loriga Herrera-Davila: Conde do Grove.

Punto de partida: Illa da Toxa

Miguel Gil Casares. Illa da Toxa
José Riestra López. Illa da Toxa
Xesús Guridi. Rúa Teniente Domínguez
Ernesto Goday. Rúa Ernesto Goday
Manuel Lueiro Rey. Monte da Vila
Xacobe Barral Otero. Rúa Alcalde Xacobe Barral
Jaime Solá. Rúa Jaime Solá
Juan Caneda Aguín, “O Chapelo”. Rúa do Chapelo
Irmáns Otero Goday. Rúa Irmáns Otero Goday
Luis Antonio Mestre. Rúa Luis A. Mestre
José Botana. Rúa Sineiro
Juan Loriga Herrera-Davila. Rúa Sineiro

Tamén che pode interesar

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Ir o contido
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.