Paseo Beiramar
Salnés » Paseo Beiramar
Este paseo marítimo de aproximadamente un quilómetro transcorre entre a ponte da illa da Toxa e o porto do Grove. Está decorado con numerosas esculturas realizadas no Simposio de Escultura ao aire libre da Festa do Marisco. Partindo da zona portuaria, bordea a praia de Confin, onde destaca a escultura da Maruxa dos Portos, situada na beira do mar. Rodea a área recreativa do Confín e continúa á beira do mar, polo que se converte no lugar idóneo para observar ás mariscadoras nunha mañá de traballo na que coincide a marea.
Tamén che pode interesar
Canto de útil che pareceu este contido?
Puntuación media 0 / 5. 0