Política de privacidade

Mancomunidade do Salnés (o “Titular”) facilita aos usuarios (o “Usuario” ou os “Usuarios”) do presente sitio web (o “Sitio Web”) a seguinte información. Infórmase aos Usuarios conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) (o “RXPD”). Os produtos e servizos ofrecidos polo Titular están dirixidos a maiores de 18 anos. No caso excepcional de que se ofrecese algún servizo especificamente dirixido a menores desa idade, o Titular solicitará o consentimento dos pais ou titores para o tratamento dos datos persoais.

Lexitimidade do tratamento

  • Base xurídica: RXPD: 6.1 a) o interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais con un ou varios fins específicos; 6.1 c) o tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento;
  • Finalidade do tratamento: Xestión administrativa das solicitudes que se realicen a través da páxina web, o seguimento e envío aos posibles interesados de actividades, novas, cursos, programas ou calquera dos servizos e produtos ofrecidos que estean relacionados coa actividade institucional que o Titular desenvolve.
  • Colectivo: Persoas físicas, incluídos os representantes de persoas xurídicas.
  • Categorías de datos: Datos identificativos
  • Categoría de destinatarios: Non están previstas comunicacións de datos.
  • Transferencias internacionais: Non están previstas transferencias internacionais de datos.
  • Prazo de supresión: Consérvanse durante o tempo necesario para o cumprimento dos dereitos e obrigas derivadas da relación contractual.
  • Entidade responsable: O Titular
  • Exercicio de dereitos: Tal e como se recolle na presente Política de Privacidade
  • Delegado de protección de datos: Rexistro Xeral. Rúa Campo de Feira, 1. Meaño. 36968 Pontevedra

Información comercial ou publicidade

O Titular informa de que a Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, prohibe o envío de comunicacións publicitarias ou promocionais a través de calquera medio de comunicación electrónica que non foran previamente solicitadas ou expresamente autorizadas polos destinatarios, agás cando exista unha relación contractual previa e sempre que o remitente obtivese de maneira lícita os datos de contacto do destinatario e os empregue para envíos comerciais relativos a produtos ou servizos da súa empresa semellantes aos inicialmente contratados. Non obstante, aínda que teña marcado a casiña de aceptación ou exista unha relación contractual previa, poderá, en calquera momento, revogar o seu consentimento para o envío de comunicacións comerciais, de acordo co exercicio de dereitos detallado nesta política.

Medidas de seguridade

O Titular comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos datos de carácter persoal e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos e os riscos aos que están expostos, tanto se proceden da acción humana como do medio físico ou natural, todo isto conforme á normativa vixente nesta materia.

Confidencialidade

O Titular comprométese a gardar a máxima reserva e segredo sobre a información de carácter persoal. O Titular non cede os seus datos a terceiros, salvo requirimento legal. O Titular será responsable de que o seu persoal, colaboradores, directivos e, en xeral, todas as persoas que teñan acceso á información confidencial e aos datos de carácter persoal, respecten a confidencialidade da información, así como as obrigas relativas ao tratamento de datos persoais fixadas pola lexislación vixente. Polo tanto, o Titular realizará cantas advertencias e asinará cantos documentos sexan necesarios con esas persoas, co fin de asegurar o cumprimento de tales obrigas. O acceso aos datos persoais será unicamente aquel que resulte absolutamente indispensable para a prestación das obrigas previstas no contrato.

Procedemento para o exercicio de dereitos

Como Usuario do noso Sitio Web, dos produtos ou servizos do Titular, se considera que o tratamento dos seus datos persoais non é acorde coa normativa vixente, ou ben desexa exercitar algún dos dereitos recoñecidos pola lexislación (acceso, rectificación, supresión (dereito ao esquecemento), limitación do tratamento, portabilidade, oposición e dereito a non ser obxecto de decisións individualizadas), pode contactar connosco a través dos seguintes canais:

  • Correo postal: Dirixíndose á Mancomunidade do Salnés mediante comunicación escrita remitida ao seguinte enderezo: Paseo Calzada, s/n, C.P. 36630, Cambados, Pontevedra, indicando o dereito que desexa exercitar.
  • Correo electrónico: info@osalnes.com, indicando na liña de Asunto o dereito que desexa exercitar.
  • Sede electrónica: Pode exercer estes dereitos a través da Sede electrónica da Mancomunidade do Salnés, onde pode consultar a política de privacidade, descargar os modelos ou realizar o exercicio dos seus dereitos.

Para exercer os seus dereitos, deberá acompañar a súa solicitude co seu NIF ou un documento equivalente (NIE ou Pasaporte) que permita acreditar a súa identidade. O exercicio destes dereitos é gratuíto.

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Ir o contido